Guía de recursos fronte á violencia de xénero en Galicia

Esta Guía pretende achegar información dos recursos existentes en Galicia no eido da violencia de xénero a calquera persoa ou entidade interesada, así como facilitar e axilizar o traballo das e dos profesionais que na nosa comunidade acompañan a apoian ás mulleres que sofren violencia de xénero, concentrando nunha única ferramenta a descrición dos servizos e programas e os contactos das entidades que na comunidade autónoma integran a rede de apoio a vítimas.

                                                                                 Guía de recursos fronte á violencia de xénero en Galicia

Podes descargar a guía de recursos fronte á violencia de xénero completa > aquí

Nesta Guía poden atopar información sinxela e directa dos recursos existentes nesa rede galega de apoio, clasificados segundo a área de que se trate: psicolóxica, social, xurídica, económica, laboral, etc. Tendo en conta que os casos de violencia machista requiren dunha intervención rápida e eficaz, lembre ademais que os recursos incluídos nesta Guia están tamén xeoreferenciados na páxina web da Xunta de Galicia, cun mapa de localización dispoñible na opción “Eservizos: Servizos no mapa”: https://www.xunta.gal/servizos-no-mapa

Contido: