Asesoramento Xurídico On-line
A Secretaría Xeral da Igualdade pon en marcha este servizo on-line para proporcionar, de maneira gratuíta, información e asesoramento xurídico sobre diversas cuestións, entre elas a violencia de xénero, agresións e abusos sexuais, o acoso sexual, a conciliación familiar, discriminacións por razón de sexo, prostitución e trata, etc.
Cumprimentando o seguinte formulario, as persoas que o desexen, poderán obter información e asesoramento xurídico gratuíto por parte de profesionais especializados nas materias de consulta.
As respostas proporcionadas a través desta consulta terán carácter informativo e non terán efectos vinculantes para a Administración. Por razóns de confidencialidade, non se facilitarán datos persoais desde este portal.