Programa de intervención terapéutica con mulleres que sufriron violencia sexual

Este Programa, desenvolvido a partir da colaboración da Xunta de Galicia coa Fundación Meniños vai dirixido  a mulleres vítimas de abuso e violencia sexual, que sofren desaxustes físicos, emocionais, condutuais e relacionais como consecuencia do abuso. Tamén poden ser usuarios os seus familiares ou persoas, baixo o consentimento da vítima, que cumpren un papel imprescindible na recuperación.

O programa está aberto ademais para os equipos profesionais da rede que traballan coa vítimas da violencia: profesionais de centros de acollida, profesionais sanitarios, etc.

Obxectivo

- Desenvolvemento dun contexto de seguridade e de prevención de novas situacións de traumatización.

- Acompañar ás mulleres na adquisición de información e habilidades para afrontar as consecuencias do abuso.

- Elaboración dunha narrativa adecuada do trauma.

- Promover a súa integridade da identidade e benestar bio-psico-social.

Metodoloxía

Intervención centrada nas necesidades das mulleres e baseado na evidencia científica:

- Intervención en crise.

- Psicoeducación.

- Técnicas de regulación emocional e relaxación.

- Afrontamento cognitivo.

- Narrativa do trauma.

- Apoio á revinculación da vítima coa súa contorna relacional e de apoio aos/ás familiares (traumatización secundaria)

- Terapia de grupo.

Datos de contacto do programa

Os datos de de contacto do programa son: 981 269 955/ 607 116642

Enderezo electrónico: centropsicoterapia@meninos.org

Documentos relacionados

Díptico LIANA

Contido: