Programa de quenda de garda Psicolóxica en violencia de xénero

Trátase dun servizo a disposición das mulleres que sofren violencia de xénero que lles permite contar con asesoramento e apoio psicolóxico dende o momento inicial da denuncia. Este servizo de quenda de garda social especializada en violencia de xénero activarase fóra do horario dos servizos sociais normalizados, estará operativo os 7 días á semana os 365 días do ano.

Son as Forzas e Corpos de Seguridade as que activan o servizo, segundo as instruccións comunicadas á Delegación do Goberno en Galicia.