A violencia sexual comprende calquera acto de natureza sexual cometido sen o consentimento da vítima, incluíndo agresións, abusos, acoso, explotación sexual, trata con fins de explotación e outras formas de violencia baseadas no xénero.
Estes delitos afectan maioritariamente ás mulleres e ás nenas, aínda que tamén poden afectar a homes e menores, e teñen consecuencias devastadoras a nivel físico, psicolóxico e social.
A violencia sexual constitúe unha grave vulneración dos dereitos fundamentais, cun impacto profundo nas vítimas e na sociedade no seu conxunto. A súa análise detallada é fundamental para comprender a evolución desta problemática, detectar patróns e avaliar a eficacia das políticas públicas destinadas á súa prevención e persecución.
Recursos e servizos
Os centros de crise 24 horas para a atención de mulleres vítimas de violencia sexual da comunidade autónoma de Galicia son recursos especializados abertos as 24 horas os 365 días do ano.
É un servizo de atención telefónica, gratuíto e anónimo, que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e que ten cobertura para toda a Comunidade Autónoma.
É un programa de intervención dirixido a mulleres vítimas de abuso e violencia sexual, centrado nas necesidades das pacientes.
É un servizo de tradución simultánea, totalmente gratuíto, que ofrece unha atención a mulleres vítimas de violencia de xénero en 51 idiomas e con acceso a persoas xordas.
É un servizo de asistencia xurídica inmediata, é dicir, no momento inmediatamente previo á interposición da denuncia, e con profesionais especialistas nesta materia, con independencia da existencia de recursos para litigar, e esténdese a todos os trámites, incidencias e recursos relacionados co procedemento para a que foi concedida, comprende así mesmo a execución da sentenza xudicial durante un prazo de dous anos.
É un servizo de atención psicolóxica especializada de emerxencia, en domicilio ou noutro lugar sinalado, para os casos máis graves ou con resultado de morte por violencia de xénero.
É un documento que acredita, con efectos administrativos e de carácter social, as situacións de trata e explotación sexual, aos efectos do previsto no artigo 47 do Real Decreto-lei 6/2022, do 29 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes no marco do Plan Nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína.
É un recurso de atención, apoio, acollida e recuperación destinado a facilitarlles, ás mulleres que deciden abandonar a situación de explotación sexual e trata, un espazo de reflexión previo á denuncia que resulte suficiente para que a vítima poida restablecerse e escapar á influencia dos traficantes e/ou poida decidir, con coñecemento de causa, a súa cooperación coas autoridades.
Axudas
Informes anuais sobre as violencias sexuais
Este informe anual sobre violencia sexual en Galicia recolle os datos oficiais sobre os delitos contra a liberdade sexual rexistrados na comunidade autónoma, co obxectivo de ofrecer unha visión clara da súa evolución ao longo do tempo.
Podes atopar os informes aquí.