Guía para a atención de mulleres con discapacidade víctimas de violencia de xénero

En Galicia, a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, publicada no DOG n.o 152, do 7 de agosto de 2007, recolle, no seu título preliminar, o que se entende por violencia de xénero: calquera acto violento ou agresión, baseado nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada. Inclúese, así mesmo, a violencia vicaria, entendida como o homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre as fillas ou fillos da muller, así como sobre calquera outra persoa estreitamente vinculada a ela, co fin de causar un maior dano psicolóxico, por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivese con ela unha relación análoga de afectividade, aínda sen convivencia.

Guía para a atención de mulleres con discapacidade víctimas de violencia de xénero