Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

O obxecto do concurso é a realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais, coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.

Tema: Reflexión contra a violencia de xénero.

Destinatarios: Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de primaria, ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

Participación: Os traballos poderán realizarse individualmente ou en grupo a través de equipos guiados por 1 docente e constituídos por un máximo de 8 alumnos e alumnas; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado.

Categorías

1ª categoría

Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.

2ª categoría

Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

3ª categoría

Alumnado das ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño.

Modalidades de participación

Modalidade "Imaxe gráfica"

Consiste na realización dun traballo gráfico (cartel, cómic, ilustración, debuxo...).

Modalidade "Peza audiovisual"

Consiste na realización dun traballo audiovisual (curtas, viodeoclips, performances, flashmob, danza, videopoemas, textos recitados...).

Prazo de presentación dos traballos: ata o día 7 de novembro de 2025, ás 15:00 horas.

Indicacións para para os envíos:

  • enderezo postal: Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, edificio administrativo San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
  • enderezo electrónico: premios25n.igualdade [at] gmail.com (premios25n[dot]igualdade[at]gmail[dot]com)

Pódense consultar as bases completas no documento anexo. Para resolver dúbidas podedes dirixirvos a: 881 997 598 e 981 545 361.