Recursos

Amosando 1 - 8 de 8

Colección de decálogos en formato de banda deseñada, dirixidos a promover a inclusión do colectivo LGBTI en distintos eidos.

Materiais didácticos e de sensibilización

Espazos presentes nos principais festivais de Galicia dirixidos á sensibilización, atención e asesoramento continuado ante calquera tipo de violencia de xénero ou LGBTIfóbica.

Recursos e servizos

Servizo gratuíto de atención 24 horas ao día, 7 días á semana, dirixido ás vítimas de incidentes de odio ou de discriminación por LGBTIfobia, así como para informar e atender calquera necesidade das personas LGBTI.

Recursos e servizos

Esta guía elaborouse co obxectivo de ter unha ferramenta que axude ao funcionariado no traballo diario, tanto nas comunicacións interpersoais no eido laboral como na redacción de comunicados e documentos oficiais.

Guías e protocolos

Este protocolo establece accións de prevención, detección e actuación ante situacións de violencia sexual e LGBTIfóbica que se poidan producir nos espectáculos musicais e actividades recreativas e que supoñen unha ameaza para as mulleres e persoas cunha identidade de xénero e/ou sexualidade distinta da normativa (lesbianas, gais, trans, bisexuais, intersexuais e queer).

Guías e protocolos

Os Centros de Información á Muller (CIM) son o recurso de referencia nos concellos galegos para a promoción da igualdade, a prevención e a atención ás vítimas de violencia de xénero e para o asesoramento ás persoas LGBTI. A súa titularidade é municipal e a Xunta de Galicia colabora coas entidades locais no seu funcionamento a través de diferentes liñas de axudas, tarefas de coordinación ou programas formativos, sendo un claro exemplo da coordinación entre administracións na defensa dos dereitos das mulleres e na promoción da igualdade de xénero.

Promoción da igualdade
Violencia de xénero
Diversidade LGBTI