Esta guía contén información sinxela e directa dos recursos existentes en Galicia no eido da violencia de xénero a disposición de calquera persoa ou entidade interesada. O seu obxectivo é facilitar e axilizar o traballo dos profesionais que na nosa comunidade acompañan a apoian ás mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero, concentrando nunha única ferramenta a descrición dos servizos e programas e os contactos das entidades que na comunidade autónoma integran a rede de apoio a vítimas.