Contra a violencia de xénero

Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.

Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.

Con data 1 de agosto publicouse no BOE a Lei 27/2003 reguladora da Orde de Protección ás Vítimas de Violencia Doméstica. Esta orde supón a creación dun instrumento para a adecuada protección das vítimas, que ten como principal novidade introducir unha resposta fronte á violencia doméstica mediante unha acción integral e coordinada.

A Trata de Seres Humanos constitúe unha das máis alarmantes formas de redución do ser humano a simple mercancía e representa, por elo, unha violación grave dos dereitos humanos.

O Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2016, aprobado polo Decreto 185/2015, do 23 de decembro, establece como unha das operacións estatísticas a realizar pola Secretaría Xeral da Igualdade, a estatística de violencia de xénero, na que se recollen os datos correspondentes aos expedientes tramitados entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2016.