Emprendemento feminino

Nos últimos anos percíbese un incremento da participación das mulleres en todos os ámbitos profesionais. Sen embargo, segue diminuíndo a taxa de emprego feminino en función do numero de fillas e fillos e, das mulleres que traballan, só un 17% supera os 35 anos.

A posibilidade de conciliar a vida laboral e familiar é fundamental para acadar a igualdade en todos os ámbitos, sendo o Empendemento feminino unha das vías para superar este obstáculo. Iniciativas como a Lei do traballo en igualdade ou as axudas Emega para mulleres emprendedoras e empresarias, supoñen neste contexto un pulo para unha maior participación e presencia das mulleres no tecido empresarial.

Os Plans de Igualdade son un conxunto de medidas destinadas a alcanzar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no eido laboral.

Que contidos deben figurar nos Plans de igualdade das empresas? Son obrigatorios ou voluntarios os Plans de igualdade? Que beneficios pode achegar un Plan de igualdade a unha empresa? Atopa as respostas a todas estas cuestións.