Protección das vítimas

Con data 1 de agosto publicouse no BOE a Lei 27/2003 reguladora da Orde de Protección ás Vítimas de Violencia Doméstica. Esta orde supón a creación dun instrumento para a adecuada protección das vítimas, que ten como principal novidade introducir unha resposta fronte á violencia doméstica mediante unha acción integral e coordinada. Permite adoptar medidas de protección á vítima no ámbito penal, civil e asistencial, obrigando a todas as Administracións públicas a coordinarse entre sí co fin de asegurar a eficacia de todas as medidas que poidan adoptarse.

Co obxecto de impulsar e avaliar a implantación da Lei, creouse unha Comisión de Seguimento, formada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Consejo General del Poder Judicial, Ministerio de Justicia, Ministerio del Interior, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Fiscalía General del Estado, Gobiernos de las Comunidades Autónomas, Consejo General de la Abogacía e Consejo General de Procuradores.

No seo desta Comisión elaboráronse dous instrumentos fundamentais para o desenvolvemento da Lei, e que son os seguintes:

Biblioteca de protocolos

Os protocolos de actuación contribúen en boa medida á aplicación práctica dos contidos teóricos de moitos textos legais.

A Secretaría Xeral da Igualdade pon a disposición das/os usuarias/os desta web unha sección especializada da súa Biblioteca que recolle información sobre protocolos de actuación e intervención elaborados por diferentes organismos para afrontar os casos de violencia de xénero.

Ademais de converterse nun contedor de referencia para a sociedade en xeral en materia de violencia de xénero, a Biblioteca de protocolos pretende ser unha ferramenta de especial utilidade para:

As persoas relacionadas directamente con actos de violencia de xénero en todas a súas manifestacións, xa sexan vítimas, agresores, familiares, testemuñas...

Os colectivos profesionais (colectivo médico, membros dos corpos de seguridade, xudicatura...) cuxo traballo pode estar vencellado a actuacións relacionadas coa violencia de xénero.

Como organizamos os protocolos?

Para unha mellor organización dos documentos que a conforman, a Biblioteca de protocolos está distribuída por categorías, atendendo nun primeiro nivel aos ámbitos de actuación temáticos aos que pertencen os textos publicados e, nun segundo nivel, ao ámbito de actuación territorial das entidades responsables deses documentos.

Programas e recursos para atención ás vítimas 

Existen unha serie de programas e recursos dirixidos principalmente á atención das vítimas e á súa integración e recuperación.