A situación de violencia de xénero nos termos establecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero pode acreditarse a través dalgún dos seguintes documentos:
Si, os servizos de atención a vítimas de violencia de xénero dependentes da Xunta de Galicia diríxese a todas as mulleres vítimas de violencia de xénero, independentemente da súa nacionalidade ou de se gozan ou non de residencia legal en España.
Si, os recursos e servizos de atención a vítimas de violencia de xénero da Xunta de Galicia son inclusivos, e contan con medidas para a atención a persoas con discapacidade, como o servizo de interpretación en lingua de signos para persoas con discapacidade auditiva.
Si, podes poñerte en contacto de forma presencial con profesionais da área xurídica, nos Centros de Información á Muller ou nos Centros de crise 24 horas (destinados a vítimas de violencia sexual), para que te asesoren.
De forma telefónica, no teléfono da muller: 900 400 273
E de forma on line, no servizo de asesoramento on line a través da web: Contacto | Igualdade en Galicia
De forma presencial, nos Centros de Información á Muller ou os Servizos sociais comunitarios e servizos sociais especializados de Galicia.
De forma telefónica, no teléfono da muller: 900 400 273
De forma on line, no servizo de asesoramento on line a través da web: Contacto | Igualdade en Galicia
Si, a atención é gratuíta en todos os servizos dependentes da Xunta de Galicia e nos servizos sociais municipais.
Si, as persoas maiores de 65 anos poden ser usuarias de todos os servizos postos a disposición das vítimas de violencia de xénero, posto que a violencia de xénero pode darse a calquera idade dunha muller.
Non, os servizos de atención a mulleres vítimas de violencia de xénero, especialmente no caso dos centros de crise, dirixidos a atender vítimas de violencia sexual, tratan tanto mulleres que teñan a súa residencia na provincia correspondente ao centro ao que acoden, como aquelas que se atopen en Galicia de forma temporal, por motivos de estudo ou de turismo.
Calquera acto violento ou agresión baseado nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada.
En Galicia, a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de Xénero considera formas de violencia de xénero, fundamentalmente, as seguintes: a violencia física, a violencia psicolóxica, a violencia económica, a violencia sexual e abusos sexuais, o acoso sexual, a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual, o homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre as fillas ou fillos da muller (así como sobre calquera outra persoa estreitamente unida a ela), a violencia de xénero dixital ou violencia en liña contra a muller e calquera outra forma de violencia recollida nos tratados internacionais que lesione ou sexa susceptible de lesionar a dignidade, a integridade ou a liberdade das mulleres.
A orde de protección é unha resolución ditada polo xulgado mediante o cal adóptanse medidas de protección e seguridade, de natureza civil e penal, coa fin de protexer ás vítimas de violencia de Xénero.
Pode solicitala calquera vítima de violencia de xénero ou persoas achegadas á vítima.
Si, a Xunta de Galicia dispón dun servizo de teletradución a 51 idiomas que oferta aos Centros de información ás mulleres (CIM), centros da Rede Galega de Acollemento e ONG´s que colaboran no desenvolvemento do Programa de atención a vítimas de trata, para poder prestar atención ás vítimas de violencia de xénero.
A través desta plataforma de teletradución, estas mulleres dispoñen dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico.
As persoas maiores de 16 anos poden acudir aos servizos de atención ás vítimas de violencia de xénero, onde se lle prestará a información e apoios necesarios, en relación á problemática vivida e na comunicación da situación sufrida a quen teña a súa titoría legal, de cara a recadar o seu apoio e consentimento para a intervención especializada.
As e os menores de 16 anos poden acudir aos servizos de atención sempre co consentimento da nai, pai ou titor/a.
As nais, pais ou titor/as de persoas menores de 16 anos recibirán información dos aspectos relacionados co proceso de intervención e coa súa evolución, mantendo como confidenciais os datos que así se acordaran previamente coa menor e coa persoa profesional de intervención.