A conselleira de Política Social e Igualdade participou hoxe no 47º Congreso da entidade, que se celebrou en Ourense

Fabiola García destaca o compromiso da Asociación de Viúvas de Galicia co benestar das mulleres

Destacou a importancia deste encontro para conmemorar e dar visibilidade ás necesidades deste colectivo

  • Fabiola García destaca o compromiso da Asociación de Viúvas de Galicia co benestar das mulleres
  • Fabiola García destaca o compromiso da Asociación de Viúvas de Galicia co benestar das mulleres
  • Fabiola García destaca o compromiso da Asociación de Viúvas de Galicia co benestar das mulleres

Ourense, 11 de maio de 2024.-

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou hoxe o traballo e compromiso da Asociación de Viúvas de Galicia co benestar das mulleres. Díxoo no 47º Congreso Rexional da entidade, ao que asistiron o delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo e o presidente do Parlamento autonómico, Miguel Santalices, entre outras autoridades.

Fabiola García fixo fincapé na importancia deste encontro para conmemorar e dar visibilidade ás necesidades deste colectivo, e enxalzou o labor que desde fai corenta anos desenvolve a Asociación de Viúvas María Andrea de Ourense, organizadora da xornada. Ademais,  garantiu a continuidade do apoio do Goberno galego para impulsar iniciativas de igualdade, de acceso ao emprego e de envellecemento activo.

Así mesmo, a conselleira puxo en valor os programas e servizos que ten en marcha a Xunta e que inciden na prevención da soidade, na atención e tamén no desfrute do tempo de lecer. Entre eles destacou as casas do maior, con máis de 50 en funcionamento na provincia de Ourense; o Carné +65; o programa de Benestar en Balnearios ou a Estratexia contra a soidade non desexada, que reforzará a actuación do Executivo autonómico fronte a este importante reto.

Tema: