Traslados de casos de violencia de xénero aos centros de acollida

A través da colaboración establecida coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Federación de  Autónomos do Taxi de Galicia (FEGATAXI ), a Secretaría Xeral da Igualdade apoia o traslado das mulleres vítimas da violencia de xénero e dos seus fillos e fillas a calquera dos centros que conforman a Rede Galega de Acollemento, cando as especiais circunstancias da vítima, valoradas convenientemente polos servizos socias (municipais ou autonómicos), imposibiliten o seu traslado por outros medios.