A Xunta leva aos centros de ensimo un Programa para promover a Igualdade nos estudos relacionados coa tecnoloxía

A iniciativa, impulsada polo Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, busca que o alumnado comprenda cuestións básicas de tecnoloxía e sexa protagonista da súa propia aprendizaxe

  • A Xunta leva aos centros de ensimo un Programa para promover a Igualdade nos estudos relacionados coa tecnoloxía

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2017.- O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, impulsa o programa ADA Formación TIC no ámbito educativo, que ten como obxectivo promover o interese das nenas, e do alumnado en xeral, nas ramas do estudo relacionadas coa tecnoloxía.

O programa propón a vida de Ada Byron como fío condutor para desenvolver unha serie de actividades, que se basearán na experimentación, o diálogo e a creatividade, de modo que o alumnado poida comprender cuestións básicas da tecnoloxía e ser protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe.

Ademais, nos talleres contarase tamén coa intervención dunha tecnóloga, que exercerá como referente feminino do mundo da tecnoloxía e transmitirá aos participantes a súa experiencia.

Desde mañá, e durante o mes de maio, estes obradoiros chegarán a un total de 7 centros educativos: IES Agra de Leboris (A Laracha), IES Fontexería (Muros), IES de Mugardos, Centro Público Integrado Tino Grandío (Guntín), IES de Quiroga, IES Cosme López Rodríguez (A Rúa) e IES Marco de Camballón (Vila de Cruces).

Para participar na iniciativa outorgouse preferencia aos centros educativos que participan durante este curso académico no programa Donas de Si, do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; así como a aqueles nos que se imparte a materia de libre configuración autonómica de Igualdade de Xénero.

Tema: