Exposicións

  • Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas
04/03/2021

A exposición “Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas” recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes.⁣

A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morales, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Iglesias, Concepción Arenal, Clara Corral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez.⁣

27/01/2020

O Goberno galego quere recoñecer as mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras.

Así, con esta exposición preténdese visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía, todas elas foron galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia.

26/01/2011

Cartas de Amor é unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con debuxos de artistas  de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala ou Javier Olivares. A exposición quere sensibilizar a poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e polo tanto a eliminala.