A Xunta e a Fundación Meniños colaboran nun programa pioneiro de dirixido a mulleres e menores de violencia sexual

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González; e a directora xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy, presentaron hoxe esta iniciativa

O programa piloto desenvolverase na Coruña, co obxectivo de estendelo posteriormente ás 4 provincias

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González; e a directora xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy, presentaron hoxe esta iniciativa
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González; e a directora xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy, presentaron hoxe esta iniciativa
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González; e a directora xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy, presentaron hoxe esta iniciativa

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2017.- A Xunta e a Fundación Meniños colaboran na posta en marcha dun programa pioneiro de intervención dirixido a mulleres, nenos, nenas e adolescentes vítimas de abuso e violencia sexual. A iniciativa foi presentada hoxe en rolda de prensa pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González; e a directora xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy.

O programa, que desenvolverá a Fundación Meniños, ten como destinatarios a nenos, nenas, adolescentes e mulleres vítimas de abuso e violencia sexual para axudarlles a afrontar os desaxustes físicos, emocionais, e relacionais que se producen como consecuencia do abuso. Tamén poderán beneficiarse desta iniciativa os familiares ou persoas que cumpran un papel imprescindible na recuperación, sempre baixo o consentimento da vítima; así como os equipos profesionais da rede que traballa coa vítima, como profesionais de centros de acollida ou persoal sanitario.

O obxectivo é desenvolver un contexto de seguridade e de prevención de novas situacións de traumatización, acompañar ás mulleres ou aos menores na adquisición de habilidades para afrontar as consecuencias do abuso e, en definitiva, promover o seu benestar psicolóxico e social.

Para conseguilo, a intervención combinará metodoloxías distintas como a intervención en crise, a psicoeducación, as técnicas de regulación emocional, o afrontamento cognitivo ou a terapia de grupo.

O programa piloto levarase a cabo inicialmente na Coruña, co obxectivo de estendelo posteriormente ás catro provincias.

Durante a rolda de prensa, recordáronse algúns datos recentes sobre a violencia sexual. Así, segundo datos recentes de Unicef, ao redor de 120 millóns de nenas en todo o mundo, máis dunha de cada dez, sufriu violencia sexual ao longo da súa vida. Tamén a nivel mundial existe un informe da Organización Mundial da Saúde (OMS) -o maior informe global realizado ata a data- que sinala que unha de cada 14 mulleres sufriu algún tipo de agresión sexual ou abusos por parte de alguén que non é a súa parella. A nivel europeo, segundo a última enquisa da Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, realizada en 2014, unha de cada dez mulleres foi vítima de violencia sexual desde os 15 de anos e unha de cada 20 revelou que sufrira unha violación.

No caso das vítimas de abuso sexual infantil, entre o 20 e o 25% das nenas, e entre o 10 e o 15% dos nenos, sofren abuso en España, e deles, un 60% non recibe ningún tipo de axuda. Por outra banda, a campaña do Consello de Europa para a Prevención da violencia sexual contra nenos, nenas e adolescentes suxire que un de cada cinco nenos e nenas en Europa son vítimas dalgún tipo de violencia sexual, e que entre o 70 e o 85% dos casos a persoa agresora é alguén próximo e en quen confía. Precisamente, no marco deste estudio, a Conselleria de Política Social lanzaba hai uns meses a campaña “37.000 sorriSOS”, unha iniciativa coa que se busca previr e detectar os abusos sexuais en menores, así como que aqueles que foron vítimas, poidan superar esta traumática situación. Cun carácter eminentemente dixital, inclúe o protocolo de INO, que está baseado en catro liñas fundamentais: previr, observar, manter a calma e moverse notificando e avaliando cada caso da man dun profesional. A representación do espectáculo teatral “Pum, pum! da Compañía Baobab Teatro tamén forma parte deste proxecto, que logo da súa estrea en Ourense o pasado mes de xuño, volverá a representarse nas principais cidades galegas nas vindeiras semanas.

Cómpre recordar que a violencia sexual e o acoso sexual están tipificados como formas de violencia de xénero, segundo a Lei galega 11/2007 de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

Tema: