A Xunta destaca a importancia da construción dun novo modelo formativo que incorpore o emprendemento feminino

A secretaria xeral de Igualdade participou hoxe no XV Foro Galego de Educación en Igualdade

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na inauguración do XV Foro Galego de Educación para a Igualdade
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na inauguración do XV Foro Galego de Educación para a Igualdade
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na inauguración do XV Foro Galego de Educación para a Igualdade

Santiago, 25 de abril de 2014. O secretaria xeral de Igualdade,Susana López Abella destacou hoxe a importancia de construir un novo modelo formativo que incorpore o emprendemento en feminino e ofertar formación en igualdade ás persoas que se ocupan profesionalmente das tarefas educativas.

A secretaria xeral de Igualdade participou hoxe no XV Foro Galego de Educación en Igualdade e agradeceu a Woman Emprende da Universidade de Santiago de Compostela a colaboración na organización deste Foro, que leva por título “Ensinar a emprender, aprender a emprender”

Segundo relatou López Abella, hoxe en día, tanto para traballar por conta propia como por conta allea, hai que desenvolver capacidades como a creatividade, toma de decisións, asunción de riscos, motivación, responsabilidade, comunicación, constancia, traballo en equipo, planificación coma un conxunto de competencias clave que integran a cultura emprendedora.

O primeiro efecto de introducir o emprendemento nas aulas é o fomento do espírito emprendedor. Achegar aos mozos e mozas o que supón crear, desenvolver e xestionar un negocio, fomentando así unha mínima cultura empresarial.

O fomento da actividade emprendedora na escola pode poñer en valor o ensino de conceptos económicos básicos sobre o funcionamento do mercado, a xestión de benefícios, a produción, a comercialización, entre outras, pero hai outra serie de valores que se vinculan ao emprendemento e que poden servir para a formación dos/as escolares.

O emprendemento implica unha actitude creativa e proactiva e dentro dos contidos que se desenvolven no programa do Foro farase unha aplicación da perspectiva de xénero na promoción de actitudes e habilidades que configuran o talento, como a forma de liderado, iniciativa e autonomía persoal. Tamén se tratarán a integración da variable xénero nas iniciativas para o fomento da creatividade persoal e da cultura emprendedora.

Trátase de levar ás aulas e ao alumnado as ferramentas para traballar estratéxicamente na capacitación de persoas emprendedoras e innovadoras; de facilitar entornos educativos motivadores e estimulantes que faciliten a xeración de proxectos que leven implícitos o desenvolvemento, a creatividade, a imaxinación; de educar aos máis novos para que poidan vislumbrar novas ideas, oportunidades de cambio e recursos útiles e valiosos no deseño e na construción de proxectos emprendedores, capaces de comprometerse cunha sociedade necesitada de novos retos empresariais, que posibiliten a formación integral da cultura do emprendemento.