CONVOCATORIA do V Concurso de carteis do 8 de marzo de 2022, Día Internacional da Muller

A Xunta abre o prazo para que os centros escolares galegos participen no concurso para o deseño do cartel da campaña do Día 8 de marzo 2022 "Día Internacional da Muller"

O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 22 de febreiro

 

Multimedia

CONVOCATORIA do V Concurso de carteis do 8 de marzo de 2022, Día Internacional da Muller

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022.-

A Xunta abre o prazo para o concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller - 8M-, no que poderán participar os centros educativos galegos.

Concretamente, poderán participar centros educativos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:

  • 1ª Categoría.- Alumnado de infantil , 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.
  • 2ª Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria, de 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.
  • 3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos galegos, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

A imaxe gráfica que resulte gañadora poderá ser utilizada pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional da Muller, así como para outras accións de sensibilización e promoción da Igualdade. As bases poden consultarse nesta ligazón. O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 22 de febreiro. O concurso está financiado grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I ( datos do alumnado e do Centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal

Atención: Esta forma de envío non exime aos centros de entregar os traballos de acordo coas bases do Concurso

Máis información: para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos: Servizo de Programación, Cooperación Institucional e Planificación (Secretaría Xeral de Igualdade): 981 545 360 - 981 957 783 – 981 957 689

 
Tema: