Mulleres con Ciencia

Amparo Alonso

Nada en Vigo, Amparo Alonso Betanzos é enxeñeira química, investigadora en intelixencia artificial, catedrática e coordinadora do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en intelixencia artificial) no departamento de Ciencias de Computación da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. En 2020, Amparo Alonso foi galardoada co Premio María Josefa Wonenburger Planells. 

Para coñecer máis a esta galega referente:

Victoria Lareu

Victoria Lareu é catedrática de Medicina Legal e Forense e directora do Instituto de Ciencias Forenses (Incifor) da Universidade de Santiago de Compostela. No 2021 foi galardoada co premio María Wonenburger, que recoñece o labor das mulleres científicas galegas.

Para coñecer máis a esta galega referente:

Elena Vázquez Cendón

Elena Vázquez Cendón nace en Ourense no ano 1966. É licenciada e doutora en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e, desde o ano 2017, decana da facultade de Matemáticas da USC. No ano 2022 recibiu o premio María Wonenburger, que recoñece o labor das mulleres científicas galegas.

Para coñecer máis a esta galega referente:

Contido: