Información relativa á acreditación administrativa da condición de vítima de trata con fins de explotación sexual e/ou vítima de explotación sexual

No Boletín Oficial do Estado do 13 de xullo de 2022 publicouse a Resolución do 7 de xullo de 2022, da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Igualdade do 27 de maio de 2022, relativo á acreditación administrativa da condición de vítima de trata de seres humanos e/o explotación sexual e os seus Anexos I e III.

Este acordo ten por obxecto acordar o procedemento básico e unhas pautas mínimas comúns para permitir a acreditación, con efectos administrativos e de carácter social, das situacións de trata e explotación sexual.

Este procedemento constará de dúas fases:

En primeiro lugar, a emisión do informe de detección e, en segundo, a remisión deste informe ao organismo acreditador, entre os designados por cada comunidade autónoma, para que, tomando como base o devandito informe, emita o documento de acreditación administrativa.

Para a elaboración do informe de detección poderá empregarse o modelo de informe recomendado, que se xunta como anexo III ao acordo (“Informe de detección de posible vítima de trata e/ou explotación sexual”).

Unha vez emitido o informe de detección, expedirase a acreditación administrativa conforme ao modelo unificado incluído como anexo I ao acordo (“Modelo unificado para a acreditación administrativa da condición de vítima de trata de seres humanos e/ou explotación sexual”).

 

Organizacións especializadas ou con experiencia acreditada na detección, atención e protección da vítimas de trata con fins de explotación sexual e de explotación sexual habilitadas para emitir os informes de detección no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

 

Accem

Aliad-Ultreia

Cáritas Diocesana (Lugo)

Cáritas Diocesana (Ourense)

Cáritas Diocesana (Santiago de Compostela)

Cruz Roja Española

Ong Ecos do Sur

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

Fundación de Solidaridad Amaranta

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor (Ferrol)

Médicos del Mundo

Ong Fiet Gratia

 

Organismos ou entidades públicas que expedirán a acreditación administrativa da condición de vítima de trata con fines de explotación sexual e/ou explotación sexual no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

- Servizos sociais da Administración pública autonómica ou local.

- Centros que compoñen a Rede galega de información ás mulleres (CIMs).

- Centros da Rede galega de acollemento.

- Servizos sociais comunitarios e especializados de Galicia, dependentes ou adscritos á Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

 

Resolución do 7 de xullo de 2022, da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Igualdade de 27 de maio de 2022, relativo á acreditación administrativa da condición de vítima de trata de seres humanos e/ou explotación sexual e os seus Anexos I e III.

Relación de entidades e organismos que acreditan

Acreditación da condición de vítima de trata