BASES - Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais do 25 de novembro de 2024, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

02 de Outubro de 2024

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais. 

OBXECTO DO CONCURSO

O obxecto do concurso é a realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro, "Día Internacional contra a Violencia de Xénero", coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e de sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes. 

Os traballos (imaxes gráficas e pezas audiovisuais) que resulten gañadores en cada categoría poderán ser utilizados pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero ou en calquera outra acción ou accións de sensibilización contra esta violencia.

Contido: