Subvencións dirixidas a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas a través de centros e recursos especializados para mulleres en situación de especial discriminación ou desigualdade

O obxecto desta resolución é fixar as bases reguladoras e a convocatoria pública para o ano 2009 das subvencións do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller establecidas para apoiar o mantemento de centros de atención especializada e para o desenvolvemento de programas de recursos dirixidos a mulleres que se atopan en situación de exclusión especial, de prevención e tratamento integral da violencia de xénero e para superar situacións de discriminación ou desigualdade.

Poderán solicitar as axudas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e requisitos exixidos nesta resolución que deberán estar inscritas, o último día de presentación de solicitudes, na área de muller do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. Quedarán excluídas aquelas que con anterioridade recibisen algunha outra axuda deste organismo e non xustificasen o seu investimento.

As accións subvencionables son as seguintes:

  • Programa 1: centros de atención especializada.
  • Programa 2: recursos especializados.
Estado de tramitación: 
Resolta