A Xunta defende traballar desde a base na prevención da trata e explotación sexual de mulleres e nenas na presentación na Coruña dun documental de ACCEM

Multimedia

A Xunta defende traballar desde a base na prevención da trata e explotación sexual de mulleres e nenas na presentación na Coruña dun documental de ACCEM
A Coruña, 10 de decembro de 2021.-
 
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación na Fundación Luís Seoane da Coruña do documental #putadaguapa, un proxecto co que a entidade Accem pretende concienciar no ámbito educativo contra a trata, e sensibilizar á mocidade contra a explotación con fins de explotación sexual de mulleres e nenas.
 
Rapazas e rapaces de entre 16 e 18 anos protagonizan o audiovisual, que invita a facer unha reflexión acerca desta lacra, considerada violencia de xénero en Galicia. López Abella puxo en valor a liberdade coa que os protagonistas falan sobre a prostitución e a trata e uniuse a súa demanda de traballar a favor da educación afectivo-sexual desde a base.
 
A Xunta, lembrou a secretaria xeral, ofrece axudas para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral por parte das entidades que atenden a estas mulleres (450.000 euros entregados a 9 organizacións en 2021).
 
Tamén garante vivendas de seguridade ás vítimas que desexen saír da situación de explotación e é pioneira en contar con protocolos de actuación sobre adopción de medidas de prevención, investigación e tratamento ás mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual coa Fiscalía Superior de Galicia.