A Xunta defende a posta en valor do traballo das mulleres músicas como referente para as novas xeracións

Lalín (Pontevedra), 16 de marzo de 2019.-A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, apostou hoxe por poñer en valor o traballo e achegas que as mulleres músicas realizaron ao longo da historia para que sirva como referente para as novas xeracións.

Así o destacou hoxe durante a súa participación na conferencia “O papel da muller na música”, que tivo lugar en Lalín. A iniciativa tivo como obxectivo coñecer a evolución do papel das mulleres nas bandas de música desde a súa inclusión nas mesmas ao redor dos anos 70.

Na súa intervención, a secretaria xeral realizou un percorrido por algunhas das mulleres máis relevantes da historia da música para recoñecer o seu traballo. Ademais, animou a realizar un esforzo en todos os ámbitos para dar a coñecer á sociedade en xeral o papel desenvolvido polas mulleres no transcurso da historia

 
Tema: