A secretaria xeral da Igualdade reúnese coa presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”

A Xunta colabora coa Federación para levar a cabo medidas de sensibilización sobre violencia de xénero e medidas de apoio ás vítimas no sector pesqueiro

  •  A secretaria xeral da Igualdade reúnese coa presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”
  •  A secretaria xeral da Igualdade reúnese coa presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, Verónica Veres, para avaliar os resultados da colaboración coa Xunta e estudar posibles liñas de colaboración.

López Abella indicou que a Federación foi beneficiaria nos últimos anos de distintas ordes de axudas do Goberno galego para levar a cabo programas e actividades destinadas á consolidación do movemento asociativo e á promoción de actividades de concienciación sobre a igualdade entre homes e mulleres. Ademais, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Federación colaboran en materia de violencia de xénero a través dun convenio ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, para o desenvolvemento de accións de sensibilización e formación neste eido, así como a posta en marcha de medidas de apoio ás vítimas desta lacra, e aos seus fillos e fillas.

A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao foi galardoada o ano pasado coa Medalla Castelao que outorga o Goberno galego pola súa defensa dos dereitos das mulleres do mar e, en particular, dos intereses das redeiras profesionais galegas baixo unha perspectiva de igualdade entre mulleres e homes.

Tema: