Convocatoria do III Concurso de carteis do 8 de marzo de 2020, Día Internacional da Muller

A Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:

·         1ª Categoría.- Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

·         2ª Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

·         3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

Bases do Concurso - PDF


Prazo de presentación: ata o 20 de febreiro de 2020

Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I ( datos do alumnado e do Centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal

Atención: Esta forma de envío non exime aos centros de entregar os traballos de acordo coas bases do Concurso.

Máis información: para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos: Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade): 981 545 360 - 981 54 53 12