A Secretaría Xeral da Igualdade organiza as XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

Trátase dunhas xornadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que atenderá tanto a temática de promoción da igualdade como a loita para erradicar a violencia contra as mulleres: Nestas xornadas se abordarán os conceptos básicos sobre as desigualdades persistentes na nosa sociedade e no eido educativo, dos estereotipos e roles de xénero, das condutas machistas, da conciliación e da necesidade da corresponsabilidade ou reparto equitativo das tarefas de coidado e domésticas, entre outras pautas para avanzar cara a igualdade. Noutro ámbito, presentaranse datos acutalizados sobre a violencia de xénero en Galicia e pautas, recomendacións  e protocolos para a loita contra a violencia de xénero. Todos isto con exemplos e material descritivo.

Finalmente presentaranse experiencias levadas a cabo polas anpas de centros educativos de Galicia de traballo neste eido.

Estas xornadas diríxense á comunidade educativa dos centros, as persoas socias da ANPA, as familias, profesorado, e público en xeral. Trátase dunha actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.

Contarase cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

Para intentar facilitar a asistencia ás familias e profesorado esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:

  • A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
  • LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
  • PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
  • OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)

 

Material:

 

Información:

No enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es  e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312.

Tema: