Caderno para colorear do libro infantil "Elas son animais"

07 de Decembro de 2020

Os primeiros libros que chegan a nenas e nenos adoitan presentar animais. O problema reside en que, a maioría das veces, eses animais se presentan en masculino.

O obxectivo deste libro é que os máis pequenos e pequenas aprendan tamén o nome das femias deses animais, ademais de reforzar a súa interpretación como seres fortes, independentes, traballadores...

Este caderno é unha pequena pero valiosa achega para lograr unha primeira educación na diferenciación inocente, natural, libre e enriquecedora entre masculino e feminino. 

Podes descargar o caderno aquí

Caderno para colorear do libro infantil "Elas son animais"
Tema: