A Xunta resolve o concurso de imaxes e audiovisuais, con motivo do 25N, “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero”, dirixido aos centros educativos galegos

No concurso participou alumnado de 5º e 6º de primaria, ESO e Bacharelato, de 50 centros educativos de Galicia

En Imaxe gráfica, os primeiros premios recaeron no IES Moncho Valcarce de As Pontes e no IES de Melide

No apartado de pezas audiovisuais, os gañadores foron o IES Vilalonga de Sanxenxo e o IES María Soliño de Cangas do Morrazo

Os segundos premios foron para centros educativos de Vilalba, Pontevedra, Santiago e Ribeira

  • En Imaxe gráfica, os primeiros premios recaeron no IES Moncho Valcarce de As Pontes e no IES de Melide
  • En Imaxe gráfica, os primeiros premios recaeron no IES Moncho Valcarce de As Pontes e no IES de Melide
  • En Imaxe gráfica, os primeiros premios recaeron no IES Moncho Valcarce de As Pontes e no IES de Melide
  • En Imaxe gráfica, os primeiros premios recaeron no IES Moncho Valcarce de As Pontes e no IES de Melide

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2018.-A Xunta resolveu a convocatoria do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais con motivo da conmemoración, o próximo 25 de novembro, do “Día Internacional contra a violencia de xénero”, e no que participou alumnado de 5º e 6º de primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato, cun total de de 50 centros educativos de Galicia.

O obxectivo do concurso foi promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia machista, e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes. O concurso estaba dividido en dúas categorías: a primeira, para o alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO); e a 2ª, para alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato.

No apartado de imaxe gráfica os primeiros premios recaeron no IES Moncho Valcarce de As Pontes para a 1ª Categoría e no IES de Melide para a 2ª Categoría.. Os segundos premios de imaxe gráfica recaeron no CEIP Monseivane de Vilalba e no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

No apartado de peza audiovisual os primeiros premios foron para o IES Vilalonga de Sanxenxo e para o IES María Soliño de Cangas do Morrazo. Os segundos premios de pezas audiovisuais foron gañadores o CEIP Santiago Apóstolo, de Mugardos e o Colexio Galaxia de Ribeira.

O xurado composto polos integrantes da Comisión asesora de publicidade non sexista, a Secretaría Xeral da Igualdade, e a Consellería de Educación fallou onte os premios do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, convocado pola Secretaría xeral da Igualdade e pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.
 

Tema: