A Xunta destina máis de 4,2 millóns de euros ás entidades locais galegas para a promoción da Igualdade

As axudas están destinadas aos concellos, consorcios, mancomunidades, agrupacións ou asociación de concellos

As axudas están destinadas para os programas de fomento da conciliación;  prevención e tratamento integral da violencia de xénero, e para apoio aos centros de información ás mulleres (CIM)

O Consello da Xunta aprobou hoxe a a concesión de anticipos de ata o 75 % das subvencións concedidas para o Programa de fomento da conciliación; para o Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, e para o Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (CIM), por un importe de máis de 4,2 millóns de euroscofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo, destinados ás entidades locais, comoconcellos, consorcios, mancomunidades e agrupacións ou asociacións de concellos.

primeira da liña de axudas é o Programa de fomento da conciliación, destinado para que os concellos poidan tomar medidas para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras. Conta cun orzamento total que supera os 494.000 euros. A contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 12.000 euros no caso de solicitude individual, e ata 22.000 euros se é unha solicitude conxunta de varios concellos.

A segunda liña de axudas está destinada ao Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, grazas á cal as entidades locais poderán subvencionar accións de intervención de carácter integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero, coas súas fillas e fillos, así como coas persoas dependentes delas e actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual en xeral e a prostitución en particular. 

O orzamento desta liña de axudas é de 352.000 euros e a contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 10.000 euros no caso dunha solicitude individual, e ata 20.000 euros se é unha solicitude conxunta de varios concellos.

Apoios aos centros de información á muller (CIM)

A terceira liña de axudas é o programa de apoio aos centros de informacións ás mulleres, os CIM, xa que para reforzar a funcionalidade dos CIM e consolidar os postos e o perfil profesional das persoas que prestan servizos neles, o Goberno galego subvenciona a existencia, no cadro de persoal ou na relación de postos de traballo da entidade, de prazas para persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido para prestar servizos no CIM, para a atención a mulleres en situación de vulnerabilidade; a contratación laboral temporal ou mercantil de profesionais para a prestación dos servizos de asesoramento xurídico ou de atención psicolóxica, así como para levar a cabo as funcións de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

A contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 45.000 euros no caso dunha solicitude individual e ata 120.000 euros no caso dunha solicitude conxunta. Conta cun orzamento de 3,4 millóns de euros.

Tema: