A Xunta de Galicia contribúe activamente á Estratexia Nacional para a erradicación da violencia contra as mulleres 2013-2016

O vicepresidente, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron esta mañá en Madrid na Conferencia Sectorial de Igualdade

Galicia achegou medidas recollidas no VI Plan galego para a Igualdade, sobre prevención, protección, asistencia integral e atención aos máis vulnerables

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron esta mañá na Conferencia Sectorial de Igualdade
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron esta mañá na Conferencia Sectorial de Igualdade
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron esta mañá na Conferencia Sectorial de Igualdade

Madrid, 17 de xuño de 2013. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron esta mañá na Conferencia Sectorial de Igualdade na que se presentou a Estratexia Nacional para a erradicación da violencia contra as mulleres 2013-2016, na que Galicia participou activamente.

Rueda destacou a importancia deste tipo de reunións para poñer en común estratexias, prioridades e accións, así como reforzar e dar coherencia ás actuacións que leva a cabo cada Comunidade. Ademais, incidiu na necesidade do traballo conxunto entre as distintas autonomías, capitaneadas polo Goberno central e cun único obxectivo: a erradicación da violencia de xénero.

A Estratexia Nacional que se presentou hoxe en Madrid engloba máis de 250 accións e medidas encamiñadas a acabar con esta lacra, entre as que se atopan as que achegou Galicia, a través do seu VI Plan galego para a Igualdade de homes e mulleres, aprobado polo Consello da Xunta en febreiro deste mesmo ano.

Estas medidas encádranse en catro grandes eixes: prevención e sensibilización; protección e detección; asistencia integral; e atención de menores e mulleres dependentes en situación de especial vulnerabilidade.

Tamén en materia de violencia de xénero, esta mañá creouse un grupo de traballo para mellorar a coordinación na posta en marcha de plans personalizados de atención a vítimas de violencia de xénero; e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade po a disposición das comunidades a campaña Hay Salida, para sensibilizar a poboación.

Por último, entre os puntos do día desta cita o Goberno central distribuíu o crédito anual para asistencia social integral ás mulleres e menores vítimas da violencia de xénero. Galicia recibirá máis de 220.000 euros, sendo a quinta comunidade en España que mais fondos recibe para este fin en 2013.