Os carteis gañadores do concurso escolar do 8-M protagonizan a campaña da Xunta que leva por lema ‘Abraza a igualdade’

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, entregou hoxe na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela os galardóns aos centros escolares premiados no concurso de carteis para o Día Internacional da Muller

Lorenzana puxo a convocatoria como exemplo da reflexión que os centros promoven entre o seu alumnado sobre a desigualdade entre homes e mulleres

Subliñou que segundo o informe PISA o estudantado galego é o máis informado en igualdade de xénero en toda España

  • Os carteis gañadores do concurso escolar do 8-M protagonizan a campaña da Xunta que leva por lema ‘Abraza a igualdade’

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021.-

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, entregou hoxe na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os premios aos centros gañadores do certame de deseño dos carteis para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Escolares de Catoira, Vigo e O Porriño recolleron os seus galardóns por resultar vencedores nas súas respectivas categorías, de entre as 123 propostas destacaron pola súa calidade e orixinalidade.

Lorenzana subliñou ante os representantes dos centros escolares -algúns deles conectáronse ao acto vía streaming- a calidade e orixinalidade dos traballos da presente edición “que nos fai reflexionar aos adultos e nos invita a seguir aprendendo”.

“A educación é a primeira pedra do camiño, unha pedra indispensable, sen a cal non poderíamos seguir construíndo unha Galicia máis igualitaria”, aseverou a titular de Emprego e Igualdade, quen quixo destacar a labor de sensibilización que levan a cabo os centros educativos galegos. O sistema galego, segundo lembrou, é un dos dous primeiros de Europa que conta con dúas materias de libre configuración sobre igualdade, como Igualdade de Xénero para 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria e Co-educación para o século XXI en Bacharelato.

Segundo Lorenzana, o traballo que a Xunta desenvolve cos centros arroxa “resultados tanxibles” xa que mesmo o informe PISA vén de evidenciar que o alumnado galego é o máis informado en igualdade de xénero en toda España, dous puntos por riba da media estatal. Iniciativas como o concurso de carteis do 8-M contribúen a esta tarefa de fomentar a reflexión e visibilizar a desigualdade entre mulleres e homes desde unha perspectiva esencial: “a través da ollada dos máis novos”, reflectiu.

O lema do traballo premiado dos alumnos de 4º da ESO do CPR Santo Tomás do Porriño (Pontevedra) , Abraza a igualdade , resultou o elixido pola Xunta como eslogan da campaña que activou con motivo do próximo Día Internacional da Muller e que inclúe como imaxe as propostas gañadoras nas tres categorías.

No acto de hoxe, a conselleira fixo entrega dos galardóns ao alumnado premiado no primeiro e no segundo posto das tres categorías, consistente en diplomas, lotes de libros para os centros e cheques regalo para investir no comercio local das súas respectivas localidades.

Gañadores

Na primeira categoría -dirixida ao alumnado de Infantil e de 1º a 4º de Educación Primaria-, recibiu o premio a proposta dos alumnos de 1º de Primaria do CPI O Progreso de Catoira en Pontevedra, que incluíu o lema Pasiño a pasiño en prol da igualdade. O segundo posto correspondeu aos rapaces e rapazas de 4º de Primaria do CEIP Benigno Quiroga Ballesteros de Lugo coa súa proposta Vacina en igualdade para facer camiño.

Na segunda categoría -entre os traballos presentados polo alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros galegos- resultou vencedor Séculos de loita para unha sociedade xusta, democrática e igualitaria do grupo de 1º da ESO do IES Carlos Casares de Vigo; mentres o segundo premio recaeu no grupo de 5º de Primaria do CEIP de Casás en Lugo polo cartel co lema Polas de antes, polas de agora, por todas.

Por outra parte, na terceira categoría - aberta ao alumnado de de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, FP Básica, así como de ciclos de grao medio e superior- os participantes de 4º da ESO do CPR Santo Tomás do Porriño (Pontevedra) foron recoñecidos co primeiro premio pola presentación do cartel Abraza a igualdade. No segundo lugar da categoría quedou a proposta dunha das aulas de 4º da ESO do IES Plurilingüe de Elviña, da Coruña por Feminismo=igualdade.

Temática

Na convocatoria deste ano destacou a heteroxeneidade das propostas que abordaron temas como a conciliación e a igualdade das profesións, o camiño por percorrer en prol da igualdade ou cuestións máis conceptuais como a sororidade ou solidariedade entre mulleres e o empoderamento feminino.

Tema: