Convocatoria do concurso de carteis do 8 de marzo de 2019, Día Internacional da Muller

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderán participar centros educativos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia en dúas categorías:

  • 1ª Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).
  • 2ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato.

 

Prazo: ata o 15 de febreiro de 2019

Podes consultar as bases nesta ligazón.

Para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos:
Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade): 981 545 360
Asesoría de Igualdade (C. Educación): 881 997 598.