Atención a mulleres

Centro de información á Muller (CIM)

Son recursos permanentes das entidades locais, desde os cales se articula unha intervención global dirixida ás mulleres e persoas LGBTI. Proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes. 

Ler máis...

Centros Quérote+

Os centros Quérote+ son un servizo de atención á xuventude, as súas familias e a profesionais que traballan no eido xuvenil, nas temáticas referidas á: sexualidade, LGBTI, benestar emocional, promoción da igualdade e o bo trato, e prevención da violencia de xénero. 

Ler máis...

banner centros querote

Espazos de Igualdade

Espazos de sensibilización e de atención e asesoramento continuado ante calquera tipo de violencia de xénero ou LGBTifóbica presente nos principais festivais galegos.

O espazo está composto por dúas zonas diferentes pero integradas: 

Zona de igualdade, un lugar pensado para a aprendizaxe e sensibilización.

Punto lila e arco iris, para a atención continuada durante todo o festival a posibles vítimas e agresións sexuais ou calquera tipo de violencia machista ou LGBTIfóbica. 

Ademais, este punto de atención conta cun espazo privado para poder facer un acompañamento, de ser necesario, con total confidencialidade. Ambos espazos están atendidos por un equipo multidisciplinar de profesionais especializadas, entre as que se inclúen psicólogas, sexólogas, traballadoras sociais, educadoras sociais ou axentes de igualdade con formación específica en igualdade de xénero, trata e prevención da violencia de xénero e LGBTIfobia.

Ler máis...

foto do espazo igualdade no Caudal Fest

Servizos dirixidos a vítimas de Violencia de Xénero

Listado de recursos que as administracións públicas galegas poñen en disposición das vítimas de violencia de xénero e das profesionais que as atenden.

Ler máis...