Recursos

Amosando 1 - 10 de 19

O servizo CIMs Móbiles é un recurso especializado da Xunta de Galicia para prestar información, asesoramento, atención, orientación e acompañamento psicolóxico, social e xurídico, de forma ambulatoria, en materia de violencia contra as mulleres, naqueles concellos que actualmente non dispoñan dun Centro de Información á Muller (CIM).

Promoción da igualdade
Violencia de xénero

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocan neste 2026 a 1ª edición do concurso “O noso canto: máis voces, máis igualdade”.

Promoción da igualdade

Campaña Os Bolechas: "Xoguetes para a Igualdade. Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo". Descarga o material de forma gratuita!

Promoción da igualdade

A presente guía é un primeiro paso para acadar a igualdade entre mulleres e homes na sociedade galega. Mediante a súa posta en práctica, o profesorado de Galicia poderá educar en igualdade o alumnado de infantil, primaria e secundaria.

Promoción da igualdade

O proxecto "Coñecendo as nosas deportistas" da Secretaría Xeral da Igualdade pretende achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.

Promoción da igualdade