Unidade didáctica "A escaleira desigual. A condesa rebelde"

A actividade literaria da Condesa e o seu cultivo da estética naturalista provoca o escándalo nos círculos conservadores. Perante a insistencia do seu marido en que subordine a literatura á condición de esposa e nai, Emilia Pardo Bazán, apoiada pola súa aristocrática familia e, especialmente, polo pai, decide pór f in ao seu matrimonio para se converter en escritora profesional.

 Viaxa por Europa e estabelécese en Madrid, onde coñece Benito Pérez Galdós e mantén con el un singular relacionamento amoroso que se prolonga durante máis de vinte anos. En Madrid, desenvolve unha actividade incansábel para obter o lugar nas institucións da cultura que, polo seu talento e capacidade, merece. 

Deberá encarar toda a clase de menosprezos e exclusións, con raíz na súa condición de muller, até se tornar unha das figuras clave da emancipación feminina na España da fin do século XIX e nos deixar unha obra tan extensa como rica e variada.