Olalla Vázquez

Olalla Vázquez

A investigadora galega Olalla Vázquez ven de ser galardoada coa medalla de prata dos premios European Young Chemistry Award (EYCA), que recoñecen e difunden a excelencia do traballo desenvolvido por xóvenes profesionais no ámbito das ciencias químicas.

O premio concedido a Olalla Vázquez, que actualmente desenvolve a súa formación postdoutoral na Humboldt-Universitaet zu Berlin cun contrato Marie-Curie, recoñece fundamentalmente o traballo realizado durante a súa tese doutoral no Departamento de Química Orgánica da USC e no CIQUS.

Este galardón, entregado na cerimonia de clausura do 4th EuCheMS Chemistry Congress, celebrado en Praga a finais de agosto, engádese ao premio de investigación da Diputación de Pontevedra que Olalla Vázquez recibíu o pasado ano polo traballo desenvolvido en 2010, tamén pola súa tese doutoral.