Nona Inés Vilariño Salgado

21 de febreiro de 2013. A exdeputada e mestra ferrolá Nona Inés Vilariño Salgado será homenaxeada nun acto institucional do concello de Ferrol o vindeiro día 8 de marzo, con motivo do Día da Muller Traballadora.

Nona Inés Vilariño formou parte dun dos momentos políticos máis importantes da historia de España xa que foi deputada na lexislatura constituínte de 1977. Nona é una das mulleres que loitaron porque a Constitución establecese a igualdade entre homes e mulleres ante os poderes públicos e que foron coñecidas como “As Constituíntes”.

No acto institucional que se celebrará no teatro Jofre tamén se proxectará o documental de Oliva Acosta “Las Constituyentes” que trata sobre as 27 deputadas e senadoras que, dende a súa actividade parlamentaria na lexislatura do 77, protagonizaron o cambio político cara á democracia en España.