Carmela Porteiro

vicepresidenta do ICES

Carmela Porteiro, investigadora do Centro de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO), vén de ser elexida vicepresidenta do Consello Internacional para a Explotación do Mar (ICES), o principal órgano intergubernamental para asesoramento da UE en xestión das pesquerías.

A elección producíuse durante a reunión do ICES celebrada a semana pasada en Copenhague (Dinamarca), á que asistiron os delegados dos 20 países do Atlántico norte e do Báltico que pertencen a esta organización científica intergubernamental.

Licenciada en Ciencias Biolóxicas, Carmela Porteiro ten desempeñado durante máis de 25 anos numerosas representacións en grupos de traballo, comités e comisións nacionais e internacionais, como o ICES, COI, FAO, STCEF ou NOAA.

É autora de numerosos traballos científicos publicados en distintas revistas e publicacións. Especializada en estudos de especies peláxicas de vida corta, ten asemade coordinado e dirixido campañas de investigación oceanográfica pesqueira nos buques oceanográficos Cornide de Saavedra e Thalassa.