Begoña Vila Costas

Begoña Vila, astrofísica gallega, suma un nuevo reconocimiento a su carrera profesional: el premio Wonenburger, que destaca su excelente labor científica.
Begoña Vila Costas

Begoña Vila, astrofísica galega, suma un novo recoñecemento á súa carrera profesional: o premio Wonenburger, que destaca a súa excelente labor científica.

Begoña Vila Costas (Vigo, 1963) é unha astrofísica viguesa especializada no estudo de galaxias espirais. Actualmente reside en Washington DC, onde lidera un equipo composto por máis de mil persoas, e é unha das principais responsables do telescopio espacial James Webb, que será o sustituto do Hubble.

Ademáis do seu relevante traballo, Vila Costas participa frecuentemente en eventos de comunicación e divulgación ao público e é membro da ECUSA-DC, a asociación que engloba á comunidade científica española das áreas de Washington DC, Maryland e Virginia.

Recentemente foi premiada pola NASA coa medalla ao Logro Público Excepcional por contribuir á misión da axencia espacial norteamericana. Agora, a astrofísica recibiu o premio María Josefa Wonenburger, co que a Unidade Muller e Ciencia de Galicia recoñece a traxectoria das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía.

Begoña Vila é un gran exemplo que contribúe a situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero na actividade científica. Nas anteriores edicións foron distinguidas co mesmo galardón Inmaculada Paz Andrade, Teresa Miras Portugal, María Soledad Soengas, Carmen Navarro e Ofelia Rey, Tarsy Carballas, María José Alonso, Carmen García Mateo, Isabel Aguirre de Úrcola e Peregrina Quintela.