Alicia C. Estévez Toranzo

Alicia C. Estévez Toranzo

Alicia C. Estévez Toranzo e Mª José Alonso son as primeiras mulleres en entrar na Academia Galega das Ciencias dende o ano 1978. Alicia C. Estévez Toranzo é catedrátiva do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC. Traballa na área das patoloxías en peixes e na investigación de vacinas para a acuicultura. Conta cun premio de microbioloxía e rexistrou sete patentes. Dirixiu tamén numerosas teses doutorais, publicou un libro e colaborou noutros trinta, ademais de ter participado en numerosos traballos de investigación.

Alicia Estévez é membro da Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia e segundo manifestou tras entrar na Academia Galega das Ciencias “ a muller ten que estar representada en todos os ámbitos. De feito, hai moitas científicas que deberían ter estado antes na Academia”, Alicia incidiu tamén en que a institución se debe abrir tamén ás persoas máis xoves.