APP "Todas en Rede" - Política de privacidade

Política de privacidade da aplicación “Todas en Rede” 

A través do presente aviso, a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, informa ás persoas usuarias de “Todas en Rede” acerca da súa política de privacidade dos datos persoais.  

Protección de datos persoais  

De acordo co Regulamento Xeral de Protección de Datos (RPGD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación deste, informamos de que esta aplicación non almacena datos persoais nin relativos ás consultas realizadas na mesma. Desde a Xunta de Galicia – Consellería de Emprego e Igualdade, desexamos informarche aos efectos do previsto no Regulamento xeral de protección de datos persoais, que o tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través desta aplicación estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación. Os datos achegados pola persoa interesada utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación que se trate. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco da persoa afectada. Pode solicitar o acceso, rectificación e supresión dos seus datos ou comunicar a oposición ao seu tratamento, así como exercitar outros dereitos e obter información adicional na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos  

Permisos requiridos no dispositivo 

“Todas en rede” necesita comprobar a conexión do dispositivo a Internet e abrir as conexións para o consumo de servizos externos. “Todas en rede” precisa a xeolocalización para mostrar a información máis cercana no mapa Preto de min. 

Información xeral  

A Xunta de Galicia é a titular da aplicación “Todas en rede” e dos distintos elementos nela incluídos. O contido facilitado a través desta aplicación emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido desta aplicación, nin que se atope totalmente actualizada. A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na aplicación con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias. A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non ten ningún control, debendo as persoas usuarias desta aplicación, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns. A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.  

Propiedade intelectual e industrial 

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Xunta de Galicia e do sector público autonómico de Galicia. A información dispoñible, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións: • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información. • A persoa usuaria queda obrigada a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos da persoa titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño da aplicación e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.  

Uso de linguas 

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, a aplicación posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego. Lei aplicable e xurisdición Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso da aplicación “Todas en Rede”, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.  

Lei aplicable e xurisdición  

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo  competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso da aplicación  “Todas en Rede”, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela. 


Contido: