Son menor de idade, podo acudir aos servizos de atención a vítimas de violencia de xénero?

As persoas maiores de 16 anos poden acudir aos servizos de atención ás vítimas de violencia de xénero, onde se lle prestará a información e apoios necesarios, en relación á problemática vivida e na comunicación da situación sufrida a quen teña a súa titoría legal, de cara a recadar o seu apoio e consentimento para a intervención especializada.

As e os menores de 16 anos poden acudir aos servizos de atención sempre co consentimento da nai, pai ou titor/a.

As nais, pais ou titor/as de persoas menores de 16 anos recibirán información dos aspectos relacionados co proceso de intervención e coa súa evolución, mantendo como confidenciais os datos que así se acordaran previamente coa menor e coa persoa profesional de intervención.