Se unha vítima non fala galego nin español, pode acudir igualmente aos servizos de atención?

Si, a Xunta de Galicia dispón dun servizo de teletradución a 51 idiomas que oferta aos Centros de información ás mulleres (CIM), centros da Rede Galega de Acollemento e ONG´s que colaboran no desenvolvemento do Programa de atención a vítimas de trata, para poder prestar atención ás vítimas de violencia de xénero.

A través desta plataforma de teletradución, estas mulleres dispoñen dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico.