A situación de violencia de xénero nos termos establecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero pode acreditarse a través dalgún dos seguintes documentos:
- Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
- Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007.
- Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
- Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
- Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia de xénero.
- Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
- Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
- No caso de vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, deberá presentarse a acreditación administrativa correspondente.