A posta en marcha de políticas que melloren as condicións de vida dos colectivos historicamente discriminados e invisibilizados é unha responsabilidade das institucións, mais nunca sería posible sen unha participación directa destes colectivos e as entidades sociais que os representan.
O Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero (Observatorio LGBTIQ+) é un espazo de interlocución entre as institucións galegas e estas entidades. Este Observatorio é un órgano colexiado de asesoramento, colaboración institucional e participación social en materia de diversidade de orientación sexual e de xénero, adscrito á Consellería de Política Social e Igualdade.
Entre os seus fins está a promoción da igualdade real e efectiva das persoas LGBTI e a contribución ao coñecemento da realidade da diversidade da orientación sexual e da identidade de xénero. Así mesmo, serve de foro de diálogo permanente entre a Administración autonómica e as asociacións, organizacións e colectivos LGBTI e outras entidades relacionadas coa defensa dos dereitos das persoas LGBTI.
As funcións do Observatorio LGBTIQ+ comprenden, entre outras: analizar os principais problemas para o recoñecemento, restablecemento e garantía dos dereitos das persoas LGBTI; realizar propostas e recomendacións en materia de normas e políticas públicas; promover a realización de campañas de sensibilización e visibilización sobre a diversidade sexual e a identidade de xénero ou actuar como órgano de denuncia en materia de discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero.
ASOCIACIÓNS LGBTI QUE FORMAN PARTE DO ÓRGANO
| Nome | Correo | Tlf. | Sede |
| info [at] alasacoruna.org (info[at]alasacoruna[dot]org) | 644702940 | Rúa do Cardenal Cisneros, 68 Baixo Dereita, A Coruña | |
| ARELAS, Asociación de familias de infancia e mocidades trans* de Galicia | asociacionarelas [at] gmail.com (asociacionarelas[at]gmail[dot]com) | 686160465 | |
| avantelgbt [at] gmail.com (avantelgbt[at]gmail[dot]com) | 614557825 | C.S. A Desviada, Av. de Fragoso, 47, Vigo | |
| CASCO, Comité Anti-SIDA da Coruña | comicasco [at] gmail.com (comicasco[at]gmail[dot]com) | 698140251 | Rúa Padre Sarmiento, 24, A Coruña |
| Chrysallis, Asociación de familias de infancia y juventud trans | galicia [at] chrysallis.org (galicia[at]chrysallis[dot]org) | 616710456 | |
| info [at] lescoruna.es (info@lescoruña.es) | |||
| LesWorking, Lesbian Networking | info [at] lesworking.com (info[at]lesworking[dot]com) | ||
| Nós Mesmas | nosmesmas [at] felgtbi.org (nosmesmas[at]felgtbi[dot]org) | 722256300 | Rúa do Conde de Torrecedeira, 19 Baixo, Vigo |
| info [at] rededucativalgbtiq.org (info[at]rededucativalgbtiq[dot]org) | 616904346 | ||
| Trans Miño | info [at] transmino.gal (info[at]transmino[dot]gal) | 626420874 | Rúa Puerto Rico, 7 Bloque 2, 3º Oficina 3, A Guarda |
SESIÓNS PLENARIAS: DATAS E ACORDOS
O Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero reúnese de xeito ordinario en dúas sesións plenarias ao ano. Na seguinte listaxe pode consultarse a data e acordos acadados en cada sesión, así como documentación relevante en cada caso.
2025
GRUPOS DE TRABALLO
O Pleno poderá acordar a constitución, con carácter permanente ou temporal, de grupos de traballo con carácter sectorial ou por áreas de xestión específicas, co obxecto de dinamizar o seu funcionamento e dotalo de maior operatividade.
QUEIXAS E INCIDENTES LGBTIFÓBICOS
O Observatorio LGBTIQ+ Galego é tamén unha ferramenta a disposición da cidadanía para actuar no caso de ter coñecemento dun incidente LGBTIfóbico.
Se desexa comunicar un caso de discriminación ou agresión por motivo de orientación sexual, identidade de xénero ou características sexuais, pode poñerse en contacto co Observatorio mediante o correo electrónico observatoriolgtbi [at] xunta.gal (observatoriolgtbi[at]xunta[dot]gal)
Informes de Incidentes de Odio LGBTIfóbico en Galicia
Unha das funcións do Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero é a elaboración dun informe anual no que se recolla unha análise dos casos de incidentes de odio LGBTIfóbicos rexistrados en Galicia.