ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da sesión anterior (13.11.2024)
- Últimas actuacións da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade
- Documento de recomendacións para Atención Primaria
- Actualización dos grupos de traballo
- Guión de recollida de información para o Informe de incidentes de odio
- Denuncia trasladada por Arelas
- Rolda de intervencións
ACORDOS:
- Acórdase aprobar a acta da sesión anterior (13/11/2024)
- Acórdase aprobar o documento de Recomendacións para a atención sanitaria na atención primaria de persoas trans no Servizo Galego de Saúde, incluíndo as modificacións recollidas no propio pleno.
- Acórdase enviar ás vogalías que conforman o Pleno un instrumento de recollida de información para complementar os informes anuais de incidentes de odio, coas características propostas.
- Acórdase publicar, como parte da nota de prensa sobre a realización do pleno, un posicionamento do Observatorio no que se recollen as palabras de Arelas en denuncia da violencia transfóbica e LGBTIfóbica