Atención ao colectivo LGBTI

Centros Quérote+

Os centros Quérote+ son un servizo de atención á xuventude, ás súas familias e ás persoas profesionais que traballan no eido xuvenil, nas temáticas referidas a: sexualidade, LGBTI, benestar emocional, promoción da igualdade e o bo trato, e prevención da violencia de xénero. 

Ler máis...

Teléfono 028 - Arco da vella

Este servizo gratuíto está dirixido, en especial, ás vítimas de incidentes de odio ou de discriminación por LGBTIfobia, así como a informar e atender calquera necesidade das personas LGBTI, das súas familias ou de persoas achegadas. Ademais do número de teléfono abreviado, póñense tamén á disposición da cidadanía dous enderezos de correo electrónico: 028-online [at] igualdad.gob.es (028-online[at]igualdad[dot]gob[dot]es) e/ou servizo028arcodavella [at] xunta.gal (servizo028arcodavella[at]xunta[dot]gal).

Ler máis...

Espazos de Igualdade nos Festivais

Espazos de sensibilización e de atención e asesoramento continuado ante calquera tipo de violencia de xénero ou LGBTifóbica presente nos principais festivais galegos.

O espazo está composto por dúas zonas diferentes pero integradas: 

Zona de igualdade, un lugar pensado para a aprendizaxe e sensibilización.

Punto lila e arco iris, para a atención continuada durante todo o festival a posibles vítimas de agresións sexuais ou calquera tipo de violencia machista ou LGBTIfóbica. 

Ademais, este punto de atención conta cun espazo privado para poder facer un acompañamento, de ser necesario, con total confidencialidade. Ambos espazos están atendidos por un equipo multidisciplinar de persoas profesionais especializadas, entre as que se inclúen psicólogas, sexólogas, traballadoras sociais, educadoras sociais ou axentes de igualdade con formación específica en igualdade de xénero, trata e prevención da violencia de xénero e LGBTIfobia.

Ler máis...

foto do espazo igualdade no Caudal Fest

Centro de información á Muller (CIM)

Son recursos permanentes das entidades locais, desde os cales se articula unha intervención global dirixida ás mulleres e persoas LGBTI. Proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes. 

Ler máis...